CRTVG

Buscar

A Tarde

Triángulo de Amor Bizarro ultima a presentación do seu propio disco revisado por outros artistas

01/04/2021 - 16:15 h

O grupo Triángulo de Amor Bizarro presentará o 14 de maio un novo traballo. Trátase dunha revisión do seu disco chamado tamén 'Triángulo de Amor Bizarro'. Unha reinterpretación feita por outros artistas.

"Como as cancións non as puidemos andar moito, fixemos as revisións das nosas propias cancións"

O disco orixinal levou o premio Ruido como mellor álbum estatal en 2020. Agora anímanse a darlle unha segunda vida coa idea de que o proxecto vaia mutando. 

"Aos artistas colaboradores dixémoslles que fixesen o que quixesen"

Revista de información e entretemento