A Tarde
Laura Marín, a rapaza coruñesa que canta en serbocroata
"É unha pregunta que me fan a diario e non teño unha resposta lóxica. Foi un namoramento que tiven con 9 anos". Isto é o que di a coruñesa Laura Marín cando lle preguntan o motivo polo que canta en serbocroata. Agora, tempo despois dese namoramento, vai actuar en Saraxevo ante 20.000 persoas grazas ao recoñecido artista Halid Bešlić.