CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Radio Galega celebrará o Día das Letras con programación especial arredor da escritora homenaxeada, Xela Arias. O programa 'Galicia por diante' será un monográfico sobre o 17 de maio, dende as 09.30 dende o auditorio Mar de Vigo.

O espazo, conducido por Kiko Novoa e con Isabel Pichel, incluirá a transmisión dos actos da Real Academia Galega e a Xunta de Galicia, dende o auditorio Mar de Vigo e o IES Castelao, respectivamente. Así mesmo, entrevistarase o fillo de Xela Arias, Darío Gil, e contará coa participación da biógrafa da autora e colaboradora do 'Diario Cultural, Montse Pena Presas.

Pola tarde, a partir das seis e media, emitirase o 'Diario cultural especial das Letras’, dunha hora e media de duración, en que se recuperarán do arquivo da Radio Galega dúas entrevistas realizadas no seu día á poeta, sobre os libros ‘Intempériome’ e ‘Darío a diario’. Así mesmo, escoitarase persoas expertas e amigas de Xela Arias e os poemas na súa propia voz. 

A páxina web diariocultural.gal inclúe un compendio de vinte e un poemas de Xela Arias recitados por ela mesma hai máis de vinte anos. Tamén se pode acceder ás conversas temáticas que a Radio Galega emitiu durante a semana das letras sobre a vida profesional e persoal da autora homenaxeada.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia