CRTVG

Buscar

Destacados

A Radio Galega retransmite o Deportivo-Fuenlabrada

06/08/2020 - 15:00 h

Este venres, desde as oito menos cuarto da tarde

O partido máis polémico da temporada debe disputarse este venres ás oito da tarde no estadio municipal de Riazor. A Radio Galega ofrecerá desde as oito menos cuarto unha edición especial de Galicia en Goles para contar todo o que suceda sobre o terreo de xogo. Pedro Pablo Alonso dirixe a retransmisión, con Javi Torres na narración e os especialistas Alfonso Núñez e Peli Cantoná preparados para analizar aos dous equipos.

Nun principio, a Liga fixara para o mércores ás oito este encontro que completa o calendario da última xornada na Segunda División, pero finalmente trasladouse ao venres. Faga o que faga o Deportivo, matemáticamente non lle da para escapar dos postos de descenso, mentres o conxunto madrileño necesita polo menos o empate para subir á sexta praza e disputar a fase de ascenso á Primeira División. Así e todo, o final da temporada está tamén supeditado ás decisións dos comités deportivos e mesmo da xustiza ordinaria.

O Galicia en Goles deste venres tamén atenderá ata as doce da noite ao que suceda na Champions League, co Manchester City-Real Madrid de oitavos de final, ademais de analizar toda a actualidade do día no deporte galego. Durante a fin de semana, o programa conta no mes de agosto con dúas edicións informativas: de 14.15 a 15 horas e de 20.05 a 21 horas.

As emisións dos programas da Radio Galega poden seguirse a través da FM, TDT, radiogalega.gal, Radioplayer España e Altofalantes Alexa.

Cortes dos diferentes programas da RG