CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A Radio Galega pecha a tempada 2020-2021 con récord histórico de audiencia

A emisora acada 177.000 oíntes de luns a venres desde setembro pasado ata maio, segundo o Estudo Xeral de Medios feito público este martes

O grupo de emisoras da RG chega aos 224.000 oíntes, o que a reforza como primeira emisora pública de Galicia

Radio Galega Música remata a tempada dobrando a audiencia do anterior ano móbil rexistrado polo EXM

Santiago de Compostela, 06.07.2021.- A Radio Galega pecha a tempada na que bateu a súa cota máxima de audiencia co dato acumulado de 177.000 oíntes de luns a venres, o que supón un incremento do 34% con respecto ao último ano móbil rexistrado, segundo o Estudo Xeral de Medios (EXM) coñecido este martes. Isto é, 45.000 oíntes máis escoitan a RG, o que a reforza como primeira emisora pública de Galicia.

Pola súa parte, Radio Galega Música remata a tempada cunha audiencia acumulada de 46.000 oíntes de luns a venres, o dobre do anterior ano móbil rexistrado polo EXM, un incremento de oíntes sen precedentes desde o seu cambio de programación en 2019. Este incremento tamén se consolída na referenza temporal de luns a domingo, cun aumento do 41%.

Nun contexto de caída dun 16% do consumo da radio xeralista en Galicia, a Radio Galega mantén a fidelidade da súa audiencia e posiciónase como referencia do panorama radiofónico acadando 224.000 oíntes de luns a venres e 206.000 oíntes de luns a domingo; máis dun 40 e dun 30 % respectivamente en relación ao último ano móbil rexistrado polo Estudo Xeral de Medios.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia