CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

 

Radio Galega marca un novo dato histórico de audiencia con 209.000 oíntes de luns a venres, segundo os datos da primeira onda do Estudo Xeral de Medios de 2021, publicada este martes. Estes datos supoñen un incremento no conxunto da semana respecto á mesma onda de hai un ano, con 6.000 oíntes máis. En relación ao acumulado de 2020, a Radio Galega gañou 20.000 novos oíntes. 

O grupo de emisoras públicas, con Radio Galega Música, acada o mellor dato da historia con 284.000 oíntes no período de luns a venres. No conxunto da semana, a audiencia total é de 256.000 persoas, que supón un incremento do 11 por cento respecto á terceira onda do ano 2020. Se se compara esta onda coa acumulado do ano pasado, o incremento é dun 21 por cento, que supón 50.000 novos oíntes.

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia