CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Carlos Bastida, presidente da Asociación Galega de Médicos de Familia: "Vai aumentar a presencialidade, pero fagámolo con sentidiño"

27/09/2021 - 20:14 h

O presidente da Asociación Galega de Médicos de Familia, Carlos Bastida, falou na Radio Galega sobre o aumento do número de citas presenciais nos centros de saúde galegos.

Bastida considera que, aínda que parece que estamos volvendo á normalidade, hai que ter coidado porque as novas variantes do virus están aí. Deste xeito, manda unha mensaxe á poboación galega e pide que recuperemos a presencialidade no centro médico con sentidiño.

Ademais, cre que durante a pandemia se utilizaron métodos telemáticos que, nalgunhas ocasións, mesmo poden seguir utilizándose.