CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

'A crónica' do 20 de abril

20/04/2021 - 20:02 h

As claves informativas da xornada, en 'A crónica':

A Axencia Europea do Medicamento avala o uso da vacina de Janssen malia atopar posibles vínculos entre o fármaco e casos moi raros de trombos. Así, a farmacéutica anuncia que retoma a distribución da vacina en Europa.

O Goberno e as comunidades autónomas acordan seguir poñendo as segundas doses das vacinas de Pfizer e Moderna tal e como recomendan as farmacéuticas. Descartan aumentar o tempo entre a primeira e a segunda dose.

Da crónica xudicial da pandemia, o Constitucional suspende o artigo da Lei de saúde galega que recolle, entre outras medidas de prevención, a vacinación obrigatoria. A suspensión manterase ata que o Tribunal se pronuncie sobre o fondo do recurso presentado polo Goberno de Pedro Sánchez e que foi admitido a trámite.

Últimas decisións do comité clínico: a cidade de Vigo pasa ao nivel medio de restricións. É a primeira das grandes cidades galegas en retroceder no avance da desescalada.