CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Blanca González, do Colexio de Farmacéuticos da Coruña: "Informaremos sobre os mitos e as dúbidas sobre as vacinas"

18/02/2021 - 20:16 h

O Consello Xeral de Colexios Farmacéuticos pon en marcha a campaña "Eu vacínome, por min e por todos", para informar os cidadáns sobre a vacinación. Blanca González, membro da Xunta de Goberno do Colexio de Farmacéuticos da Coruña, destacou que as boticas informarán os seus clientes e a través das redes sociais para despexar dúbidas sobre as vacinas.