CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Conchi Rey, do Banco de Alimentos Rías Altas: "Temos os estantes practicamente baleiros"

16/11/2020 - 21:05 h

A presidenta do Banco de Alimentos Rías Altas, que engloba as cidades e comarcas da Coruña, Santiago e Ferrol, apela á solidariedade dos cidadáns ante a campaña de recollida de alimentos que rematará o día 22.

Conchi Rey explicou que este ano a campaña do Banco de Alimentos tivo que cambiar de formato por mor da pandemia, porque non pode haber recollida física de produtos. Nesta edición, os cidadáns poderán colaborar con doazóns económicas que farán nas caixas dos supermercados. Conchi Rey salientou que a crise provocada pola Covid supuxo un aumento dun 30% no número de familias que pide axuda ao Banco de Alimentos. Rey asegurou que precisan a axuda dos galegos porque agora mesmo teñen os estantes do Banco de Alimentos "practicamente baleiros"