CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

'A crónica' do 15 de abril

15/04/2021 - 20:03 h

As claves informativas da xornada, en 'A crónica':

En España, a incidencia acumulada sobe dous puntos no conxunto e sitúase nos 202 casos por cada 100.000 habitantes nos últimos 14 días, logo de rexistrarse case 9.700 novos contaxios dende onte. O Ministerio de Sanidade rexistra 126 falecidos na última xornada.

En Galicia, a situación segue sendo estable, pero as cifras de contaxios e de casos activos levan varios días con pequenas subas. No caso dos contaxios, hoxe rozamos os 200, é a segunda cifra máis alta do mes.