CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Mario Arnaldo, presidente de AEA: "É a tecnoloxía, e non as multas, a que pode conseguir o obxectivo de cero vítimas"

11/11/2020 - 21:05 h

O presidente de Automobilistas Europeos Asociados, Mario Arnaldo, considera "un pouco decepcionantes" as medidas anunciadas polo Goberno para reformar a Lei de tráfico. Arnaldo afirma que é "máis do mesmo", e bota en falta que aposte por un novo modelo de seguridade viaria.

En opinión de Mario Arnaldo, a clave está na tecnoloxía, e non as multas. Sinala que agora é posible que o teléfono móbil pase a modo avión de forma automática se o coche está en marcha, e tamén que o vehículo non arranque se algún ocupante non ten o cinto de seguridade posto.