CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Xosé Manuel Blanco: "A responsabilidade do público nos eventos foi moi positiva o ano pasado"

10/06/2021 - 20:15 h

A responsabilidade do público é clave para a realización de todo tipo de eventos.

O comportamento da xente e o cumprimento dos protocolos son fundamentais, insiste Xosé Manuel Blanco, máximo responsable da Asociación Galega de Musicais. Os profesionais atópanse moi contentos coa resposta dos asistentes e esperan que continúe a ser así.

O optimismo con vistas á fin da covid-19 crece na sociedade, así como nos profesionais do sector cultural. Blanco fixo tamén fincapé na importancia de que aínda estemos preto aínda que di que non hai que esquecer que a pandemia non rematou.