CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

'A crónica' do 10 de xuño

10/06/2021 - 20:02 h

O Sergas vai iniciar de inmediato un proceso de repesca da vacinación e desde mañá empezará a citar as persoas que, por diferentes motivos, non recibiron as súas doses cando lles correspondía.

O presidente da Xunta anuncia que se vai chamar en primeiro lugar a máis de 11.000 persoas de entre 60 e 79 anos, que quedaron pendentes na primeira fase da vacinación. Alberto Núñez Feijóo espera que estas persoas reciban a próxima semana as súas inxeccións.