CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Rafael Rodríguez: "Os transplantados de ril non fomos vacinados como grupo prioritario"

08/06/2021 - 20:15 h

Galicia sitúase á cabeza de doazóns de órganos a nivel nacional. Ao longo do 2020 realizáronse un total de 328 transplantes, dos que máis do 40 por cento foron de ril, un total de 141. A comunidade galega foi líder en transplantes de corazón e a segunda de pulmón, con 29 e 53 operacións respectivamente.

En 'A crónica' analizamos esos datos con Rafael Rodríguez, presidente da FAG (Federación ALCER Galicia) da Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril.

Sobre a situación da pandemia, Rafael Rodríguez asegura que "os transplantados de ril non fomos vacinados como grupos prioritarios, senón por idade".

En relación aos datos de doazóns en Galicia, sinala que "a nosa comunidade non é a máis solidaria porque unha de cada cinco persoas que poderían doar, rexeitan facelo"