CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Semana de Copa na Radio Galega

04/01/2021 - 18:31 h

O martes, de catro a oito da tarde, o Galicia en goles retransmitirá o Eivisa-Celta, da segunda fase da Copa do Rei. O mércores, tamén desde as catro, a xornada comezará co derbi Vilalbés-Polvorín, da Terceira, para continuar co Deportivo da Coruña-Alavés, desde Riazor, na competición copeira. O xoves, a terceira quenda presenta os encontros Pontevedra-Cádiz en Pasarón e Girona-Lugo, en Montilivi.

O venres volve a Liga co Celta-Vilarreal desde Balaídos, que a audiencia da Radio Galega poderá seguir desde as oito e media do serán.

Na fin de semana, o sábado haberá edición extra ás doce do mediodía coa retransmisión do Burela-Poio, da Supercopa de fútbol sala feminino. A partir das tres, o programa contará o Fabril-Somozas, de Terceira, e os partidos de baloncesto da LEB Ouro, xunto á final da Copa Galicia de fútbol sala entre o Burela e o Noia.

Xa o domingo, ás doce, o interese estará posto no Celta B-Coruxo, o derbi de Vigo da Segunda B. Esta categoría terá máis presenza desde as tres co Zamora-Deportivo, Pontevedra-Guijuelo, Racing de Ferrol-Unionistas e Salamanca-Compostela.