CRTVG

Buscar

Zidane di adeus ao banco do Real Madrid por segunda vez

Publicado o 27/05/2021 22:00

Remata a segunda etapa de Zinedine Zidane no Real Madrid, non tan exitosa como a primeira, pero que tamén deixou títulos, como a Liga da pasada tempada que o Real Madrid celebrou na penúltima xornada contra o Vilareal. Ese ano Zizou gañou tamén a Supercopa e sumaba once títulos na súa traxectoria como adestrador. Porén, 2021 rematou sen campionatos que celebrar. Fin dun ciclo, desánimo ou mesmo que non se sentía respectado polo club, entran no ruxerruxe dos motivos da súa marcha, anunciada hoxe de xeito oficial.

Noticias web

27/05/2021