CRTVG

Buscar

Zas: "Foi moi duro aguantar o ambiente da xunta"

Publicado o 18/12/2019 21:31

A asemblea do Deportivo resultou particularmete desagradable para o presidente Paco Zas, que recibiu os apupos de parte dos asistentes: "Durísimo. É moi duro que, sendo todos deportivistas, nalgunhas ocasións se falte ao respecto. Ameazas, 'escraches', insultos. Entendo que toda a afección, nós incluídos, estamos descontentos e enfadados. É unha situación tan difícil de levar para todos que un ata comprende que haxa situacións límite".

Zas seguirá sendo o presidente ata o vindeiro 14 de xaneiro, dixo, por cuestión de prazos legais. Asegura que traballará durante estas semanas con Vidal, se finalmente é o único candidato, para favorecer que se tomen decisións.

Noticias web

18/12/2019