CRTVG

Buscar

Zara Home presenta nova imaxe

Publicado o 26/03/2021 13:38
Zara Home presenta nova imaxe

Zara Home, a liña de fogar da empresa Inditex, presentou hoxe nova imaxe. Foi na Coruña, na tenda da Praza de Lugo, que levaba semanas pechada para esta presentación global. E houbo expectación dende primeira hora da mañá.

Asistiu á innuguración Marta Ortega. E a reforma correu a cargo da arquitecta Elsa Urquijo, que quixo mesturar vangarda e tradición nun novo concepto de tenda que potencia a interacción sensorial. Un exemplo: as formas orgánicas das paredes e muros que constrastan coas liñas rectas dos estantes e do mobiliario.

Noticias web

26/03/2021