CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz toma as rendas do grupo parlamentario de Unidas Podemos

Publicado o 13/05/2021 19:16

Yolanda Díaz presidiu por primeira vez a xuntanza do grupo parlamentario de Unidas Podemos. A vicepresidenta terceira do Goberno dirixíase aos seus compañeiros por primeira vez desde a marcha de Pablo Iglesias e coincidindo co décimo aniversario do 15-M. Díaz dixo que a lexislatura se reinicía agora e alentou aos seus para seguir sendo unha forza decisiva na próxima década. Yolanda Díaz dixo que "empezamos unha etapa nova, colectiva, e temos que sentirnos todavía moito máis orgullosas porque imos seguir cambiando, e sobre todo, mellorando a vida da xente".

Noticias web

13/05/2021