CRTVG

Buscar

A vicepresidenta Yolanda Díaz suspende a súa axenda por motivos de saúde

Publicado o 26/05/2021 10:08

A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, cancelou a súa axenda deste mércores por motivos de saúde. No seu perfil de Twitter, explicou que este mércores "tiña unha intensa xornada de traballo que o médico lle prescribiu cancelar por motivos de saúde". "Hai días en que o noso corpo nos esixe parar e que nos coidemos para poder seguir. Espero recuperarme pronto con toda a forza", manifestou a ministra. 

Deste xeito, Díaz non asistiu ao pleno do Congreso dos Deputados para responder as preguntas da sesión de control ao Goberno, que foron aprazadas, nin á clausura dunha xornada sobre proxectos desenvolvidos no marco da fundación do metal para a formación.

Esta cancelación prodúcese despois de que Díaz participara na negociación da prórroga dos ERTE.

Noticias web

26/05/2021