Yolanda Díaz salienta a "acollida favorable" da reforma laboral en Bruxelas
Acollida positiva e diagnóstico común con Bruxelas para atallar os problemas do mercado laboral. Esta é a versión da vicepresidenta de Traballo, Yolanda Díaz, logo de verse co vicepresidente da Comisión, Valdis Dombrovkis, e tamén co presidente da Eurocámara, David Sassoli.
Bruxelas non pedirá recortes no mercado laboral. Non haberá abaratamento do despedimento e o Goberno tampouco agarda que algún socio comunitario poña problemas co Plan de recuperación español cando se distribúan as axudas extraordinarias contra a Covid.
O Goberno modernizará os servizos públicos de Emprego, apostará só por tres tipos de contratos: un indefinido, un temporal para as contratacións estacionais como no turismo e un de formación para os máis novos. E esta a pechar un reforzamento da negociación colectiva.
A vicepresidenta Díaz asegura que na Comisión comparten estas medidas no Plan de Recuperación que enviarán aquí nuns días."Tivemos un encontro moi frutífero, moi positivo e obtivemos unha acollida favorable do Plan de reformas e de modernización do mercado de traballo en que o Goberno de España traballou durante estes meses e que presentará a semana que vén á Comisión".