CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz mételle presión ao PSOE para subir o salario mínimo interprofesional

Publicado o 13/09/2021 15:11

Yolanda Díaz mételle presión a Nadia Calviño para subir o salario mínimo interprofesional. A ministra de Traballo non só sinala a falta de vontade de negociación da patronal, senón que tamén lamenta as discrepancias no Goberno de coalición respecto deste incremento, e insta os socialistas a apoiar a medida.

Yolanda Díaz, vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo: "Estiven traballando informalmente esta fin de semana cos sindicatos, sei onde pode estar o acordo. A decisión non está nesta parte da coalición, está na parte maioritaria do Goberno. Pero a posición do Ministerio de Traballo é clara: hai que subir o SMI".

Noticias web

13/09/2021