CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz: "Os ERTE viñeron para quedar"

Publicado o 10/02/2021 09:38

Imos a Barcelona, quedan tres días de campaña. Os principais referentes dos partidos políticos desembarcan estes días na comunidade. A ministra de Traballo Yolanda Díaz, está hoxe alí.

Destacou que a urxencia é baixar a curva de contaxios e despois ser capaces de recuperarnos economicamente.

Canto ás eleccións, cre que Cataluña xoga algo moi importante e manifestou que o que lle gustaría é que En Comú Podem forme parte do goberno. Di que representan unha ponte de diálogo. Preocípalle o que está a pasa coa sanidade en Cataluña. 

Yolanda Díaz defende que hai que coidar todas as institucións e garantir os dereitos fundamentais. Destacou que as persoas que máis precisan das institucións son as que menos teñen e que hai que "agarimar" a democracia.

A minstra de Traballo afirmou que os ministros de Podemos tiveron diferentes posicións ca os socialistas. Destacou que é normal que haxa discrepancias.

Díaz salientou que os ERTE viñeron para quedar. Salvaron 3.650.000 traballadores, máis de 550.000 empresas e un millón e medio de autónomos. Ampliáronse subsidios de desemprego e prohibiuse o despedimento.

Referíuse tamén á situación que están pasando os hostaleiros de Galicia e cre que este sector precisa de máis axudas.

Díaz destacou que durante a pandemia as súas precupacións aumentaron e dí que imos saír desta situación. 

Noticias web

10/02/2021