CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz non descarta cambios na parte de Podemos no Goberno

Publicado o 12/07/2021 09:49
Yolanda Díaz non descarta cambios na parte de Podemos no Goberno

A vicepresidenta segunda do Goberno Yolanda Díaz anunciaba este luns que non descarta que se realicen cambios na parte de Unidas Podemos no Goberno. Esta iniciativa xorde despois de que o presidente Pedro Sánchez realizase unha reforma do executivo

Díaz, nunha entrevista na Cadena Ser, deixou as portas abertas a unha renovación do gabinete e asegura que "a política, como a vida, é dialética, e sempre hai que dar respostas".

Con todo, a vicepresidenta segunda recorda que acaban de renovar a súa representación no Executivo tras a saída de Pablo Iglesias e defende a necesidade de "ensanchar o concepto e a cultura de coalición" e aposta por unha nova fase no Goberno. "Hai cambios no Executivo que poden favorecer este feito". 

"Somos partes diferentes, temos discrepancias nalgunhas das materias, pero aposto por un Goberno de debate, que sexa leal, honesto, interno e de cohesión cara ao exterior", di Díaz.