Yolanda Díaz di que se fará, tecnicamente, unha derrogación da reforma laboral
Publicado o 23/01/2020 09:32
A ministra de Traballo tamén se referiu á denominación apropiada para os cambios lexislativos en materia laboral. Insistiu en que tecnicamente se trata dunha reforma laboral que comenzará polos puntos plasmados no acordo de goberno e continuará con elementos máis complexos como a contratación ou o despido.
"Ímonos mover no texto programático que acordamos, que , como fixemos hoxe, é o resultado dunha dialéctica de distintas voces. Tecnicamente é unha derrogación, se lle queren chamar desmontar, chámenlle desmontar, pero é unha derrogación en dúas fases", aclarou a ministra de Traballo.