CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz di que renderá contas se non derroga este ano a reforma laboral

Publicado o 19/05/2021 12:33

A ministra de Traballo di que renderá contas se non consegue derrogar a reforma laboral este ano. Yolanda Díaz marcou como límite decembro, en resposta a varios socios parlamentarios que a urxiron a cambiar a lei.

"Si, imos derrogar a reforma laboral do PP", dixo en varias ocasións a ministra de Traballo durante a sesión de control ao Goberno, onde ademais se comprometeu a render contas "se antes de decembro isto non está ben feito".

"Permítanme a discreción porque está a traballar a mesa de diálogo social", dixo ante a petición de concreción de prazos por parte do deputado de Bildu Oskar Matute.

Noticias web

19/05/2021