Yolanda Díaz afirma que o Goberno ten a intención de manter activos os ERTE
Publicado o 01/08/2020 18:53
A ministra de Traballo, Yolanda Díaz, asegurou este sábado, que o Goberno ten a intención de manter activos os ERTE.
Fíxoo, en Palma de Mallorca, onde asistiu a unha reunión da Mesa do Diálogo Social de Baleares, acompañada pola presidenta, Francina Armengol. Díaz quixo mandar unha mensaxe de tranquilidade ao sector turístico das Illas castigado pola pandemia, reiterando que o Executivo continuará protexendo con este recurso aos traballadores e as empresas, nestes momentos difíciles.