CRTVG

Buscar

Yolanda Díaz cualifica como mala práctica os despedimentos colectivos en bancos con "beneficios obscenos"

Publicado o 03/06/2021 08:18

A ministra de Traballo e Economía Social Yolanda Díaz referiuse aos despedimentos colectivos anunciados por varios bancos. Dixo que son unha mala práctica por parte de empresas financeiras con beneficios "obscenos". E engadiu que esas empresas teñen que presentar medidas complementarias de carácter social

Yolanda Díaz, ministra de Traballo e Economía Social e vicepresidenta terceira: "Creo que son unhas malas prácticas, que as entidades financeiras xogan a súa reputación. Non é o momento de despedimentos, é o momento de dar o mellor de nós como país. Os traballadores e traballadoras ven, os 550.000 que continúan en ERTE, como se reducen as súas rendas nun 30 por cento e creo que lle toca a todo o mundo estar á altura das circunstancias".

Noticias web

03/06/2021