Xustiza fará un novo xulgado do Social en Vigo, pero non en Santiago e Lugo
O Goberno central descarta outras dúas salas da mesma especialidade, en Santiago e Lugo. Canda o de Vigo, estes dous xulgados do Social eran prioritarios na proposta que trasladou a Madrid a comisión mixta formada por Xunta e Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A decisión do Ministerio de Xustiza preocupa aquí, en Santiago, e tamén en Lugo. A Xunta vai convocar de inmediato a comisión mixta para estudar alegacións.
En Santiago había consenso de xuíces, avogados e procuradores sobre a necesidade dun cuarto xulgado do social que aliviase a carga de traballo. A decisión do Ministerio de Xustiza preocupa e o concello xa lle remitiu unha declaración institucinal aprobada en pleno.
O Goberno central descarta tamén a sala de Lugo. Unha mala noticia para os órganos xudiciais da provincia e para o Concello.
A decisión de Xustiza só contenta a Vigo, onde autoriza un sexto xulgado do Social. A Xunta vai reunir o luns á Comisión Mixta para estudar unha decisión que non entende. Lembra Rueda que nunca se rexeitara en Madrid unha proposta de consenso coma esta.