CRTVG

Buscar

Xurxo Otero, novo adestrador do Arousa

Publicado o 30/06/2021 20:54


O Arousa, con Rafa Sáez agora coma director deportivo, confía de novo en Xurxo Otero para a súa etapa na Segunda Federación. Logo do histórico ascenso, o club de Vilagarcía busca a permanencia. Otero releva a Sáez no banco, un relevo á inversa do que acontecera hai tres tempadas, cando Sáez asumiu o posto de adestrador do Arousa que adeixara o propio Otero. O de Nigrán asina por unha tempada.

Noticias web

30/06/2021