CRTVG

Buscar

Xuntanzas, grandes eventos e botellóns, no punto de mira de Sanidade

Publicado o 13/07/2021 14:52

• A Xunta medita adoptar máis restricións ante o incremento dos contaxios. Coñeceremos as medidas tomadas polo comité clínico a partir das 11:15

Feijóo avanza que se limitarán as reunións en exteriores

Todo apunta a que tras a reunión do comité clínico deste martes á tarde Sanidade vai impor novas restricións ante unha suba de casos que o conselleiro de Sanidade cualificou de explosiva.

Dixo Julio García Comesaña que aos expertos lles preocupa calquera agrupamento de persoas. Por iso, o comité desta tarde revisará as medidas de seguridade para concertos e outros grandes eventos. Con todo, insistiu o conselleiro en que o principal problema seguen sendo os botellóns.

Sobre a mesa do comité tamén vai estar a posibilidade real de limitar de novo as xuntazas para diminuir ao máximo a interacción social, sobre todo entre os mozos. Porque seguen sendo eles os que acumulan a maioría dos contaxios.

A taxa de positividade sitúase en Galicia por riba do 15 %, cando o máximo que fixa a OMS para dar por controlada a transmisión é o 5 %. 

 

Noticias web

13/07/2021