CRTVG

Buscar

Xuntanza en Madrid para abordar a crise en Siemens Gamesa, que afronta a segunda xornada de paro nas Somozas

Publicado o 15/12/2020 10:58

Segunda xornada de paro e de protestas dos operarios da multinacional Siemens Gamesa nas Somozas.

As barricadas e os cortes de estrada volveron aos accesos do polígono industrial das Somozas, na comarca de Ferrolterra.

Reclaman carga de traballo, un futuro para as instalacións da fábrica de pas e que a multinacional non leve a cabo o despedimento inminente de 29 traballadores.

O persoal está hoxe moi pendente do que suceda en Madrid, porque desde as nove están reunidos responsables dos ministerios de Industria e Transición Enerxética, a Xunta, representantes da empresa e voceiros dos sindicatos estatais para abordar a crise.

Noticias web

15/12/2020