CRTVG

Buscar

Xunta e universidades, contra a violencia machista

Publicado o 18/11/2020 13:48
Xunta e universidades, contra a violencia machista

A Consellería de Igualdade e os reitores das tres universidades galegas revalidaron o convenio de colaboración contra a violencia machista.

Nun acto celebrado no Centro de Recuperación Integral para Vítimas de Violencia de Xénero, reitores e conselleira amosaron a necesidade a seguir impulsando actividades encamiñadas a concenciar a universitarios das causas e consecuencias da violencia contra as mulleres.

Segundo a conselleira, hai que facer entender que o machismo é a principal causa dos malos tratos, e non supostas enfermedades mentais ou alcolismo dos maltratadores.

Noticias web

18/11/2020