CRTVG

Buscar

A Xunta e as universidades sentan as bases do novo mapa de titulacións de Galicia

Publicado o 16/06/2021 15:23

A Xunta e as tres universidades galegas asinaron a folla de ruta das novas titulacións. O obxectivo é implantar ata 2026 unha ducia de graos e 15 másters, que completarán a oferta universitaria.

O acordo marco establece varias prioridades nas propostas de títulos, como que sexan novos, que manteñan o equilibrio entre as tres universidades e que afonden na especialización de cada campus.

Para o titular de Educación, este acordo é o resultado do diálogo institucional, e busca completar o sistema universitario galego.

Noticias web

16/06/2021