CRTVG

Buscar

Xunta e oposición acusan o Goberno de buscar rédito electoral coa fin da máscara

Publicado o 19/06/2021 18:53

"O próximo sábado, como anunciei onte, afortunadamente, grazas ministra e grazas tamén a toda a comunidade educativa e ao conxunto de compatriotas que o fixeron posible, ademais dos profesionais sanitarios, imos poder quitar a máscara nos espazos abertos", di Sánchez

"Se a máscara se pode retirar o día 26 por qué non se retira mañá, se non era necesaria no exterior cunha incidencia que non variou nos ultimos días por qué espera a anuncialo cando está previsto que eles acorden a concesión dos indultos en contra do Tribunal Supremo e do marco constitucional, porque unha vez máis este Goberno usa mesmo a pandemia por rédito electoral", afirma Casado.

"Nós pedímoslle sempre ao Goberno central que fixese un protocolo de desescalada, non acaba de facelo, só fai anuncios así de repente, un pouco inesperadamente, sen argumentos, o que queremos é que nos dean un protocolo de desescalada tamén en materia de sacar as máscaras e estudarémolo no comité clínico do martes e veremos se hai que adaptalo á realidade galega", asegura Rueda.

Noticias web

19/06/2021