CRTVG

Buscar

Xunta e Fegamp acordan que se informe dúas veces por semana os concellos sobre a covid-19

Publicado o 06/10/2020 15:15

Os presidentes da Xunta e da Fegamp mantiveron ata hai uns minutos a primeira reunión desta lexislatura.

Alberto Núñez Feijóo e Alberto Varela quedaron en que a Xunta informe dúas veces por semana os concellos da prevalencia da covid-19 nos seus territorios e en abrir un proceso de diálogo sobre competencias e financiamento.

A Federación Galega de municipios e provincias solicitara máis información e tamén máis participación na toma de decisións sobre a pandemia.

 

Noticias web

06/10/2020