CRTVG

Buscar

Xunta e DXT colaboran no reforzo da seguridade viaria nas distintas rutas do Camiño de Santiago

Publicado o 16/09/2021 16:03

A Dirección Xeral de Tráfico pon a disposición de todos os peregrinos que fan o Camiño de Santiago a través da súa páxina web unha guía práctica con consellos para preparar o camiño e coñecer as diferentes rutas e etapas, así como evitar os puntos conflictivos en canto a seguridade viaria das mesmas.

A DXT analizou 13 rutas cun total de 7270 quillómetros e atopáronse 636 tramos con algún tipo de risco. Toda esta información está á disposición do peregrino na web da DXT www.caminodesantiago.dgt.es


 

Noticias web

16/09/2021