CRTVG

Buscar

A Xunta e o Concello de Lugo confían en poder pechar un acordo para o cuartel de San Fernando

Publicado o 10/01/2020 15:12

A alcaldesa de Lugo mantén a súa idea inicial de crear un museo da romanización no antigo Cuartel de San Fernando. Di que conta co respaldo dos principais colectivos da cidade, presentes na plataforma a prol do museo.

"Cando dicimos que é o sentir xeralizado da sociedade luguesa, dicímolo porque son os colectivos e entidades os que se están sumando en apoio ao museo da romanización no Cuartel de San Fernando", asegura a alcaldesa Lara Méndez.

O Conselleiro de Cultura fai un chamamento ao diálogo e pide que se analicen en profundidade todas as propostas sobre o cuartel para atinar na decisión final.

"Hai un debate aberto entre a cidadanía e é interesante ver como se poden ir posicionando diferentes proxectos e posturas. Ao final, que sexa unha acción cunha perspectiva integrada e global para que poidamos gañar todos", di Román Rodríguez.

Neste mes está prevista unha nova xuntanza entre Xunta e Concello para tratar de achegar posturas.

Noticias web

10/01/2020