Xunta, concellos, deputacións e hostaleiros negocian o novo paquete de axudas

Xunta, hostaleiros, deputacións e concellos tratarán esta tarde de sentar as bases do novo paquete de axudas ao sector. Os empresarios reclaman un rescate pleno e apelan á coordinación de todas as administracións.
Piden unificar as distintas axudas e axilizar así a súa tramitación, para que cheguen antes. Horas antes do encontro, a Xunta reitera a súa vontade para conseguir que sexa así.
Alfonso Rueda, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, sinalou que "agardo que sexa unha xuntanza en que nos poidamos poñer rapidamente de acordo, porque se necesitan acordos rápidos para poder sacar as axudas canto antes. Se non fose posible, a Xunta de Galicia vai axudar. Sacaríamos o noso paquete de axudas canto antes, pero o que queremos e o que nos piden os hostaleiros é que sexamos capaces de facelo conxuntamente todas as administracións "