Xullo rematará como o mes coa electricidade máis cara da historia
Publicado o 28/07/2021 20:18

A OCU denuncia que este mes de xullo rematará co prezo da luz máis alto da historia. Tres días antes de que remate xullo, a Organización de Consumidores e Usuarios di que xa se pode falar do mes coa electricidade máis cara da historia. Calculan que nos 28 días transcorridos, o megawatt/hora tivo un prezo medio de máis de 93 euros. Para que fagan unha idea, é un 12 % máis alto ca o do mes pasado e o triplo do que pagamos en xullo de 2020.
Con estes datos, a OCU estima que o recibo medio deste mes vai andar polos 72 euros e medio: son 17 euros máis que hai un ano. E iso que agora está en vigor a rebaixa do IVE decretada polo Goberno hai poucas semanas. Sen ese pequeno alivio, a factura media estaría preto dos 80 euros.