CRTVG

Buscar

Xulgan un home acusado de tentar introducir cocaína a través do porto de Marín

Publicado o 10/12/2019 14:42

Esta mañá celebrouse na Audiencia de Pontevedra un xuízo contra un home acusado de traer un colector con cocaína de Colombia ao porto de Marín, onde foi interceptado.

Os feitos aconteceron en agosto de hai un ano. O acusado e único socio dunha empresa encargada de importancións e exportacións de distintos materiais respondeu ás preguntas da fiscalía por consideralo o único encargado de xestionar este cargamento.

No porto de Marín os axentes incautáronse de 36 paquetes de cocaína, que no mercado superarían os 812.000 euros. A fiscalía solicita para el nove anos de prisión e unha multa de 900.000 euros por un delito contra a saúde pública.

Noticias web

10/12/2019