Xulgan tres empregados dunha residencia asturiana pola morte dun ancián
Publicado o 06/05/2019 15:50

Na Audiencia Provincial de Oviedo comezou esta mañá o xuízo contra tres empregados dunha residencia de Mieres pola morte dun ancián de 84 anos por falta de atención médica.
O fiscal solicita para os acusados 18 meses de cárcere por homicidio por imprudencia grave. O ancián morreu en maio de 2016, dous días depois de presentar un cadro de vómitos.