CRTVG

Buscar

Xulgan o ex-delegado da Xunta Rogelio Martínez por presunta fraude

Publicado o 03/06/2019 15:48
Xulgan o ex-delegado da Xunta Rogelio Martínez por presunta fraude

En Ourense comezou hoxe o xuízo contra o que fora delegado territorial da Xunta Rogelio Martínez e outras dez persoas máis por unha presunta fraude no uso de fondos europeos hai 20 anos.

Os feitos remóntanse a 1999, cando Martínez era alcalde da Arnoia e fan referencia á certificación dunha planta de biomasa que segundo a acusación particular, que exerce unha asociación próxima ao PSOE, non chegou a executarse. Algo que negan os acusados. A fiscalía non aprecia indicios de delito. Hoxe debatéronse cuestións previas. A Audiencia deberá decidir agora se os feitos prescribiron como mantén o Ministerio Fiscal.




 

Noticias web

03/06/2019