Xulgan en Toledo un home acusado de matar a golpes a súa nai
Publicado o 25/03/2019 15:59
A Audiencia Provincial de Toledo xulgou hoxe un home acusado de matar a golpes a súa nai en febreiro de 2016. Os feitos sucederon en Talavera de la Reina onde o acusado, de 48 anos, compartía piso coa súa nai, unha muller de 80 anos con problemas graves de mobilidade. A muller recibiu golpes moi fortes que lle causaron un traumatismo cranioencefálico.