CRTVG

Buscar

Xulgan a parella acusada de matar os seus dous fillos na localidade valenciana de Godella

Publicado o 31/05/2021 08:21
Xulgan a parella acusada de matar os seus dous fillos na localidade valenciana de Godella

Un tribunal popular xulga desde hoxe un home e unha muller acusados de dous delitos de asasinato pola morte dos seus dous fillos, un bebe de cinco meses e un neno de tres anos en marzo de 2019 na localidade valenciana de Godella.

A Fiscalía sostén que o procesado lle inculcou á muller a crenza de que a unica maneira de protexer os seus fillos era sometelos a un baño purificador e matalos para que despois puidesen revivir. Supostamente, bañáronos na piscina da vivenda que ocupaban, causáronlles a morte golpeándoos na cabeza e logo enterráronos en senllas fosas.


A Fiscalia pide para o pai 50 anos de prisión e para a nai o internamento nun centro especializado pola sua anomalía psiquica,

Noticias web

31/05/2021