Xulgan en Braga unha parella por falsificar a existencia de catro fillos para cobrar axudas
Publicado o 11/05/2021 21:53
Unha parella foi xulgada hoxe nos xulgados de Braga por falsificar a existencia de 4 fillos e así poder percibir as axudas mensuais da Seguridade Social. En total estafaron 37.000 euros durante case 10 anos. No xuízo acabaron por confesar que todo era un engano, máis que nada porque non existían uns fillos que puidesen presentar como proba.
Todo comezou no 2011, cando falsificaron os documentos duns xemelgos, e anos despois rexistraran dous nenos máis. Dentro duns días saberase a sentenza e a pena que lles corresponde.