Xuízo por unha presunta estafa relacionada coa telefonía móbil
Os feitos que se xulgan remóntanse a 2005. No banco dos acusados sentan 16 persoas por unha fraude masiva relacionada coa telefónia móbil. Aproveitando as ofertas das operadoras, os acusados mercaban paquetes de teléfonos de tarxeta prepago.
A estafa consistía en separar os terminais das tarxetas e de vender estas a terceiros sen declarar ningún ingreso. Despois exportaban os teléfonos a outro país eludindo todos os controis.
A fiscalía acúsaos de delitos contra a Facenda pública, contrabando e falsidade documental e pídelles penas que van dende os nove meses ata os once anos e medio de prisión e multas de ata 400.000 euros.
"Estamos xulgando no día de hoxe feitos do ano 2005 e 2006 e se hai delito fiscal non hai de estafa e se hai de estafa non hai delito fiscal. Hai unha contradición entre as acusacións que se realizaron. Estamos enfrontando en total entre as e acusacións a 9 anos pero hai unha atenuante moi importante, que é a de dilacións indebida, e 12 anos despois entendemos que a dilación existe", apunta a avogada de dous dos acusados.
O xuízo prolongarase ata o próximo 1 de marzo.