CRTVG

Buscar

Xuízo por esfafar 127.000 euros a unha muller a través dunha web de contactos

Publicado o 24/04/2019 13:47

En Lugo, xulgan un veciño acusado de estafar unha muller á que coñeceu a través dunha páxina web de contactos. A contía da estafa ascende a 127.000 euros.

Segundo o escrito da Fiscalía, o home aproveitou o baixo estado anímico da vítima, que estaba nunha situación persoal complicada tras dúas perdas familiares, para convencela de que investise en inmobles que podía adquirir a través de poxas xudiciais. O acusado non chegou a realizar ningunha operación.

A Fiscalía pide catro anos de prisión para o acusado, a acusación particular pídelle 5, así como que lle devolva os cartos á vítima, algo que o acusado dixo no xuízo que xa fixera.

Noticias web

24/04/2019