Xuíces e Xunta critican a decisión de non abrir un novo xulgado do Social en Lugo
A xunta de xuíces do social de Lugo rexeita a decisión do Ministerio de Xustiza de non abrir un novo xulgado do Social na cidade. Súmase así ás protestas de grupos políticos e colectivos xudiciais, que tamén reclamaran esa nova sala. A alcaldesa xa pediu unha reunión urxente coa ministra de Xustiza para tentar reverter a decisión.
"Xa pedimos unha xuntanza e presentaremos as nosas demandas, porque non queremos renunciar a ese xulgado".
O vicepresidente da Xunta de Galicia súmase á reclamación e lembra que é o Goberno galego o que asumiría os custos do novo xulgado: "Non entendemos esta decisión porque o xulgado é unha necesidade e sería a Xunta a que asumise o seu custo".
Os tres xulgados do social que hai en Lugo superan actualmente nun 150 % a súa carga normal de traballo e acumulan demoras de ata dous anos.